Bagua Grande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praza de Armas de Bagua Grande

Bagua Grande é unha cidade do nororiente do Perú, capital da provincia de Utcubamba (Amazonas), (5º45'S e 78º26'O), situada a beiras do río Utcubamba a uns 450 msnm. Non debe confundirse coa cidade de Bagua na provincia homónima.

Converteuse de zona rural a zona urbana debido a unha forte migración a finais dos anos sesenta. Agora é un activo centro comercial transitorio e a cidade máis importante da rexión de Amazonas, cunha poboación de máis de 100.000 habitantes.

A zona urbana está emprazada nunha ladeira, sendo unha cidade moi cálida e fértil, onde chove durante case todo o ano. A economía está baseada no comercio e a produción agrícola, en especial de arroz, millo e café. O comercio é activo coas cidades de Chiclayo, Jaén, e co veciño departamento de San Martín. Posúe industrias menores, de pilado e muíños de arroz, e embotelladoras de augas gasosas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Coordenadas: 5°45′S 78°26′W / 5.750°S 78.433°W / -5.750; -78.433