Baddeleyita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baddeleyita
CZ brilliant.jpg
Fórmula química: ZrO2
Clase: Óxidos
Subclase:
Sistema cristalino: Monoclínico
Cor: Incoloro, amarelo, marrón escuro
Brillo: De vítreo a resinoso
Dureza: 6,5 ( escala de Mohs )
Fractura: Concoide
Exfoliación: Perfecta
Raia: Branca
Densidade: 5,5-6 g/cm3

A baddeleyita é un raro mineral de óxido de circonio (ZrO2) ou circonia. Atópase en diversos cristais monoclínicos prismáticos. Pode ser transparente ou translúcido, cun alto índice de refracción, e un rango de cores que van desde o incolor até o amarelo, o verde e o marrón escuro. É un material refractario, cun punto de fusión de 2700 °C. O hafnio, moi similar ao circonio, é unha impureza e preséntase sempre polo menos en pequenas porcentaxes de 0,1 %.

A baddeleyita foi descrita por primeira vez en 1892 en Ratnapura, Sri Lanka, por Joseph Baddeley.[1] Logo tamén foi descrita en Minas Gerais e Jacupiranga, São Paulo, Brasil, como noutros lugares do mundo.

É atopada frecuentemente como grans detríticos en gravas. A súa principal aparición é en vetas a altas temperaturas e é un mineral accesorio da sienita, da diabasa, do gabro, da anortosita, da carbonatita, da kimberlita e de intrusións de lamproíta. Tamén se ten atopado en tectitas, meteoritos e no basalto lunar. Minerais asociados son a ilmenita, a zirkelita, o apatito, a magnetita e a perovskita, na mina de Jacupiranga, Brasil; e a fluorita, a nefelina, o pirocloro e a allanita en Monte Somma, Italia.[1]

Debido á súa natureza refractaria, como á súa estabilidade baixo certas condicións, os grans de baddeleyita, xunto co circón, úsase na datación radiométrica ao uranio-chumbo.

Estrutura cristalina da baddeleyita[2]

Índice

[editar] Notas

  1. 1,0 1,1 Baddeleyita no Handbook of Mineralogy
  2. Drabińska, A., Physical Review B, Grodecki, K., Strupiński, W., Bożek, R., Korona, K. P., Wysmołek, A., Stępniewski, R., Baranowski, J. M.. "Growth kinetics of epitaxial graphene on SiC substrates", páx. 245410.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas