Bad Blood (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bad Blood
Álbum de Bastille
Gravaciónxuño do 2012 - xaneiro do 2013
Duración43:51
Xénero(s)rock alternativo, música electrónica
Selo(s)EMI
Producido porMark Crew, Dan Smith
Cronoloxía
- Bad Blood Haunt EP

Bad Blood é o primeiro álbum de estudio da banda británica Bastille. Foi lanzado no Reino Unido o 4 de marzo de 2013, e inclúe os sinxelos «Overjoyed», «Bad Blood», «Flaws», «Pompeii», «Laura Palmer» e «Things We Lost in the Fire». O álbum foi gravado en Londres, Reino Unido, e producido por Mark Crew e Dan Smith. O álbum debutou como número un no Reino Unido.

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • «Overjoyed» foi o primeiro sinxelo de Bad Blood. Non chegou á listaxe de éxitos no Reino Unido porque non foi suficientemente promocionado.
  • «Bad Blood» foi o segundo sinxelo do álbum. Malia alcanzar o número 99 na listaxe de éxitos británica, caeu a semana seguinte.
  • «Flaws» foi o terceiro sinxelo do álbum. Converteuse no primeiro sinxelo en entrar dentro do Top 40 de éxitos do Reino Unido co número 21. Alén diso, estivo nas listaxes de Escocia e Bélxica.
  • «Pompeii» foi o terceiro sinxelo de Bad Blood. Converteuse no sinxelo mellor vendido e o máis exitoso internacionalmente até o momento, ao debutar como número dous e converterse no primeiro éxito da banda dentro dos cinco primeiros. Ademais, foi número un en Escocia e Irlanda.
  • «Laura Palmer» foi o quinto sinxelo do álbum o 3 de xuño de 2013.[1] Nunha entrevista co Digital Spy en marzo de 2013, o vocalista da banda, Dan Smith confirmouno.[2] O vídeo da canción foi lanzado na páxina oficial da banda en Vevo o 12 de abril de 2013.[3]
  • «Things We Lost in the Fire» será o sexto sinxelo do álbum, que será lanzado o 2 de setembro de 2013.

Notas[editar | editar a fonte]