Bacillus infernus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bacillus infernus é unha especie de bacterias termófilas, anaerobias estritas (único anaerobio estrito do xénero Bacillus), que vive a grandes profundidades en zonas subsuperficiais da codia terrestre. Illouse por primeira vez a profundidades de entre 2,65 km e 2,77 km na Cunca Triásica de Taylorsville en Virxinia, Estados Unidos. A bacteria crece a 61 °C e é halotolerante (soporta ben concentracións de 0,6M de Na+) e prefire pHs lixeiramente alcalinos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Boone, David R.; et al. (July 1995). "Bacillus infernus sp. nov., an Fe(III)- and Mn(IV)-Reducing Anaerobe from the Deep Terrestrial Subsurface" (PDF). International Journal of Systematic Bacteriology 45 (3): 441–448. PMID 8590670. doi:10.1099/00207713-45-3-441. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]