Baccalauréat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O baccalauréat, familiarmente coñecido como o bac e antigamente como bachot, é un título académico que os estudantes franceses poden obter ó rematar o lycée (instituto de secundaria). Creado baixo Napoleón I por decreto orgánico do 17 de marzo de 1808.

O baccalauréat permite os estudantes franceses pasar á educación superior ou obter unha cualificación profesional que lles permitirá conseguir un traballo nun determinado campo. É legalmente un grao universitario, o que significa que o exame debe ser feito por xurado presidido por un profesor universitario. Os estudantes no lycée poden elixir non presentarse para o baccalauréat ó remataren o lycée, xa que é máis un exame para entrar na universidade que un exame do lycée. A nota final máxima é 20, e as cualificacións dos que aproban van entre Assez Bien (12-14), Bien (14-16), Très Bien (16-18) e Excellent (18-20). É o equivalente do A-level no Reino Unido, do Abitur en Alemaña ou da selectividade en España.

Hai tres tipos de baccalauréat:

  • Baccalauréat général
  • Baccalauréat professionnel
  • Baccalauréat technologique
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baccalauréat