Baíña, Baiona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Baíña»)
Baíña
Igrexa de Santa Mariña de Baíña.
ConcelloBaiona[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°06′33″N 8°51′32″O / 42.1091032, -8.8589569Coordenadas: 42°06′33″N 8°51′32″O / 42.1091032, -8.8589569
Poboación1749 hab. (2015)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Mariña de Baíña é unha parroquia do concello de Baiona. Limita coas parroquias de Belesar, Baredo, Santa Cristina da Ramallosa e Baiona e pertence á comarca do Val Miñor e ó arciprestado de Miñor.

Segundo o IGE [2], tiña 1749 veciños en 2015 e os seus lugares máis destacados son: O Burgo (518), O Cruceiro (178), Os Eidos (150), As Fontes (231), A Igrexa (121), As Laxes (442), O Río (104) e San Cosme (5). Algúns dos seus casais son: A Moura, O Rial, A Sirimba, As Laxes de Quinós, Almirante Fontán (253) e Santa Marta (331).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Capela de Santa Marta.

Existen petróglifos en puntos moi diversos, algúns obsérvanse a simple vista, como os do Outeiro dos Lameiros e os da ermida de Santa Marta. Moitos outros atópanse semienterrados e non divulgados para os protexer dos estragos humanos. Tamén se conservan os restos dunha calzada romana e restos dun poboado castrexo na península de Santa Marta.

O nome da parroquia aparece documentado na Idade Media como Vayna. Pertenceu ao mosteiro de Oia até 1482, e daquela agregouna a Baiona o bispo de Tui Diego de Muros.

Dispón de fragas autóctonas á beira do río, de rutas rurais sinalizadas e de varios muíños restaurados. A uns minutos do *merendoiro da Chan da Lagoa, existen restos de muros, de pontes e de vivendas do poboado medieval de San Cosme, referente histórico para Baíña e do que hai lendas vivas coma a da Fonte Santa. Na península de Santa Marta existe unha ermida que queimou e profanou o pirata Francis Drake, quen se hospedou nesta parroquia antes de tentar conquistar Baiona. Posteriormente, a veciñanza reconstruíu esta ermida.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Baíña[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Baíña no concello de Baiona (Pontevedra)

O Burgo | O Cruceiro | Os Eidos | As Fontes | A Igrexa | As Laxes | O Río | San Cosme | Santa Marta

Parroquias de Baiona[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Baiona

Baíña (Santa Mariña) | Baredo (Santa María) | Baiona (Santa María de Fóra) | Baiona (Santa María) | Belesar (San Lourenzo) | Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]