BM Ciudad Encantada
| Nome do club | Balonmano Ciudad Encantada | ||
| Fundado | 1989 | ||
| Pavillón | Pavillón Municipal El Sargal, Cuenca |
||
| Capacidade | 1.900 | ||
| Presidente | |||
| Entrenador | |||
| Liga | Liga ASOBAL | ||
| 2009-10 | 10º (Liga ASOBAL) | ||
| Equipacións |
|
O Balonmano Ciudad Encantada ou Cuenca 2016 é un equipo de balonmán da cidade de Cuenca, Castela-A Mancha (España) que actualmente compite na Liga ASOBAL.
Índice |
Historia [editar]
Na tempada 1989-90 chegou a Cuenca coa denominación de Madrid-Cuenca a máxima categoría do balonmán español. O debut ligueiro foi no Pavillón Municipal El Sargal cunha derrota. Na tempada seguinte, co nome de Sociedad Conquense, conseguíu o ascenso vencendo nunha eliminatoria a dobre partido ao equipo de Ciudad Real.
O equipo segue co nome de Sociedad Conquense ata a tempada 1993-94, na que a liga se desputou en dous grupos de 8 equipos cada un. Os 4 primeiros clasificados de cada grupo xogábanse o título nunha segunda fase, e os 4 últimos de cada grupo loitaban por evitar o descenso. O equipo conquense non se clasificou entre os 8 primeros na primeira fase, mais logrou o segundo posto na liguiña de equipos que loitaban por non perder a categoría, firmando así a súa mellor clasificación na máxima categoría.
Na tempada 1994-95 o club pasou a denominarse Balonmano Conquense, e na seguinte tempada, a 1995-96, logo de lograr a permanencia logo dunha eliminatoria desputada co Barakaldo ao mellor de cinco partidos, perdeu a categoría por problemas económicos, xogando a tempada seguinte na División de Honra "B".
Na tempada 1997-98 o club pasou a denominarse C.D.B. Balonmano Ciudad Encantada.
O equipo continúa na División de Honra “B” ata a tempada 1999-00, na que descendeu a Primera División Estatal.
Na primeira tempada en Primera, a 2000-01, o equipo queda encadrado no grupo catalán e conseguíu manter a categoría con bastante esforzo e cunha plantilla formada principalmente por xogadores da canteira.
Dende a tempada 2005-06 o equipo competiu na División de Honra “B”, comezando unha nova etapa do Balonmano en Cuenca.
Na tempada 2007-08 conseguíu o ascenso á Liga ASOBAL, competición na que se mantén ata a data.
Denominacións [editar]
- 1989-90: Madrid-Cuenca.
- 1990-94: Sociedad Conquense.
- 1994-97: Balonmano Conquense.
- 1997- actualidade: C.D.B. Balonmano Ciudad Encantada.