BM Cangas do Morrazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BM Cangas
Nome do club Balonmán Cangas
Fundado 1961
Pavillón O Gatañal,
Cangas do Morrazo (Pontevedra) Galicia
Capacidade 2500
Presidente Galicia Jose Manuel Moldes
Entrenador Galicia Víctor García Borrás "Pillo"
Liga División de Honra B
2009-10 16º (Liga Asobal)
Equipacións


Local


Visitante

O BM Cangas ou Frigoríficos do Morrazo por motivos de patrocinio, é un equipo galego de balonmán da localidade pontevedresa de Cangas do Morrazo fundado en 1961. Actualmente xoga na División de Honra B, logo dunha tempada na Liga ASOBAL, da que é un clásico tralo seu anterior período, no que estivo dende 1995 ata 2006 ininterrumpidamente.

Índice

[editar] Historia

En Cangas, comézase a xogar ao balonmán a principios da década dos '60, cun grupo de amigos que tiña que desprazarse a Vigo para desputar os primeiros partidos.

O primeiro partido foi en 1961 na escola Alba de Vigo, onde co nome de LUCEROS, gañaban ao “Alerta” de Vigo por 4-5. Nese mesmo ano, inscríbense por primeira vez como equipo xuvenil supoñendo esto, o inicio do Club oficialmente. O primeiro equipo sénior inscribíuse en 1968 na liga de Terceira Provincial.

Os partidos que o equipo xogou en Cangas ata 1972, os desputaba na Avda. de Vicenti. Alí cortaban o tráfico, pintaban o campo de xogo, levaban ás costas as porterías e retiraban a man os coches aparcados. Xa en 1972 inaugúrase a “pista do aterrado”, situada no centro de Cangas fronte ao mercado que leva o mesmo nome. En 1977 coménzase a xogar, por fin, na primeira instalación acondicinada axeitádamente para a práctica do balonmán, o pavillón de “Romarigo”. Finalmente, dende 1993 ata hoxe, o Club xoga todos os partidos no pavillón Municipal “O Gatañal”.

Na tempada 1994-95 acada por primeira vez o ascenso á Liga ASOBAL, na que permanecería 11 tempadas, ata o seu descenso á División de Prata na tempada 2005-06, na que permaneceu durante tres anos, ata que acadou novamente o ascenso á máxima categoría do balonmán español na tempada 2008-09. A nova etapa duraría só unha tempada, tras quedar na última posición.

[editar] Xogadores

[editar] Cadro 2010/11

 

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas