Bülent Ecevit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bülent Ecevit
Datos persoais
Nacemento28 de maio de 1925
 Istambul
Falecemento5 de novembro de 2006
 Ancara
OrganizaciónPartido Democrático da Esquerda
Partido Republicano Popular
PaiAhmet Fahri Ecevit
NaiNazlı Ecevit
CónxuxeRahşan Ecevit
Alma máterRobert College, Escola de estudos orientais e africanos e Universidade de Ancara
ProfesiónPolítico, xornalista e escritor
RelixiónIslam
Na rede
Musicbrainz: aa6acfe6-f280-4f6c-ae4c-14f5db61d09b Find a Grave: 16479207 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Bülent Ecevit, nado como Mustafa Bülent Ecevit (Istambul 1925 - Ancara 2006) é un escritor, xornalista e político turco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ecevit na Casa Branca en xaneiro de 2005 con George W. Bush

Estudou nun colexio dunha misión protestante norteamericana, e na universidade estudou sánscrito, bengalí e inglés e traduciu libros de Rabindranath Tagore, T. S. Eliot e Bernard Lewis ao turco. En 1946 pasou a traballar na oficina de prensa do goberno turco en Londres e a partir de 1950, xa en Ancara, nos xornais Halkçi e Ulus, este último o órgano do Partido Popular Republicano (CHP), o partido polo que en 1957 accedeu ao parlamento e do que en 1959 entrou no seu Comité Central, representando aos sectores da esquerda do partido. Foi ministro de traballo entre 1961 e 1965, lexislou para recoñecer o dereito de folga. Secretario Xeral do CHP entre 1966 e 1971 e presidente en 1972.

En 1974 converteuse en primeiro ministro dun goberno en coalición co Partido de Salvación Nacional de Necmettin Erbakan, anmistía os presos políticos e o 20 de xullo de 1974 de ordenou a intervención militar en Chipre logo de que se producise un golpe de estado dos partidarios da unión con Grecia, o que levou á división da illa e a aparición da República Turca de Chipre do Norte. O 18 de setembro 1974 dimitiu coa pretensión de que se celebrase eleccións que lle permitisen gobernar en solitario, pero Süleyman Demirel, do Partido da Xustiza, conseguiu artellar un goberno polo que o CHP pasou á oposición. Ecevit foi primeiro ministro en dous breves períodos posteriores: entre o 21 de xuño e o 11 de xullo de 1977 e do 5 de xaneiro de 1978 ao 12 de novembro de 1979.

Tras o golpe de estado militar do 12 de setembro de 1980 dirixido polo xeneral Kenan Evren Ecevit foi encarcerado e suspendido de calquera actividade política de por vida. Un referendo en 1987 permitiu a súa volta á actividade pública e converteuse no líder do Partido da Esquerda Democrática (Demokratik Sol Parti) en 1989. Nas eleccións que se celebraron nos anos seguintes o partido non conseguiu entrar no Parlamento ata 1995 no que superou a barreira electoral.

Nas eleccións de 1999 o seu partido converteuse no primeiro do Parlamento e el foi elixido primeiro ministro dun goberno de coalición co Partido da Nai Patria de Mesut Yılmaz e o Partido Popular Nacionalista de Devlet Bahçeli. O goberno realizou reformas e estabilizou a economía turca en preparación para a apertura de negociacións coa Unión Europea. Malia iso a política económica fixo caer a súa popularidade e forzou novas eleccións en 2002, no que non foi capaz de que o seu partido entrase na Asemblea Nacional e retirouse da actividade política.


Predecesor:
Naim Talu
 
Primeiro Ministro de Turquía
 
26 de xaneiro de 197417 de novembro de 1974
Sucesor:
Sadi Irmak
Predecesor:
Süleyman Demirel
 
Primeiro Ministro de Turquía
 
21 de xuño de 197721 de xullo de 1977
Sucesor:
Süleyman Demirel
Predecesor:
Süleyman Demirel
 
Primeiro Ministro de Turquía
 
5 de xaneiro de 197812 de novembro de 1979
Sucesor:
Süleyman Demirel
Predecesor:
Mesut Yılmaz
 
Primeiro Ministro de Turquía
 
11 de xaneiro de 199918 de novembro de 2002
Sucesor:
Abdullah Gül