Búfalo (homónimos)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. |
A palabra búfalo é o nome común de varios mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos, de formas corpulentas, parecidos aos bois domésticos, pero cos cornos máis largos na base:
- o búfalo propiamente dito, tamén chamado búfalo acuático ou búfalo da India (especie Bubalus bubalis).
- o búfalo africano ou búfalo cafre (especie Syncerus caffer).
- o búfalo anano, anoa ou anoa das chairas (especie Bubalus (Anoa) depressicornis)
- o búfalo anano de Mindoro (especie Bubalus mindorensis)
Ademais, algúns denominan búfalo, erroneamente, ao bisonte americano (especie Bison bison).
Por otra parte,
- o Búfalo é un signo zodiacal na astroloxía chinesa.