Búfalo, Nova York
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Buffalo | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| País: | Estados Unidos de América |
| Estado: | Estado de Nova York |
| Condado: | Erie |
| Incorporada: | 1832 |
| Alcalde: | Byron Brown |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Superficie: | 136,0 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 279.745 (2005)[1] |
| Densidade de poboación: | 2.782,4 |
| Información | |
| Sitio na web: | http://www.ci.buffalo.ny.us |
Búfalo é a segunda cidade máis grande do estado de Nova York en Estados Unidos de América, tras a cidade de Nova York. A cidade sitúase ao oeste do estado, na área coñecida como Western New York e é a capital do condado de Erie, limitando co condado de Niágara. A súa poboación aproximada é de 279.745 habitantes segundo o censo de 2005. Pertence ao área metropolitana Búfalo-Niágara que conta cunha poboación de 1,1 millón de habitantes. Grazas á súa gran proximidade a Canadá, en concreto á provincia de Ontario (a fronteira entre ambos os países atópase a escasos minutos do centro da cidade) Buffalo forma xunto coa área de Toronto e do sur de Ontario unha rexión bi-nacional pola que non é estraño ver fluctuar aos seus habitantes, e na que o ambiente nocturno e cultural de Búfalo cobra unha gran importancia.
Búfalo atópase a uns 30 minutos das Cataratas do Niágara e a 1 hora e media de distancia da cidade de Toronto, á beira da rexión do sur de Ontario coñecida como Golden Horseshoe, que conta con máis de 8,5 millóns de habitantes.
Búfalo xace ao extremo leste do lago Erie, moi próximo ao río Niágara, que desemboca no lago Ontario. O lago Erie rodea gran parte da cidade, e debido a iso, a miúdo Búfalo presenta un ceo gris e unha atmosfera nubrada e húmida, producíndose este efecto, coñecido como Lake Effect ou efecto do lago, pola evaporación das súas augas.
Os colonos europeos chegaron ao lugar a finais do século XVIII. O crecemento da zona foi lento ata que a cidade converteuse no extremo oeste do canle de Erie uns corenta anos despois. A comezos do século seguinte, Búfalo era unha das cidades máis importantes de Estados Unidos e converteuse no seu maior porto de interior. Grazas ao canle de Erie creáronse enormes silos e plantas industriais que comezaron a desaparecer a mediados do século XX debido á construción da canle de San Lourenzo, que evitou que o tráfico acuático cruzase a cidade.
Hoxe en día, distanciándose do seu pasado industrial, Búfalo estase redefinindo como un centro cultural, educativo e médico. En 2005 a cidade foi nomeada a terceira cidade máis limpa de Estados Unidos pola revista estadounidense Reader's Digest e o xornal estadounidense USA Today proclamou a Búfalo a cidade máis amigable dos Estados Unidos, gañando o seu concurso City With A Heart (cidade con corazón).
[editar] Cidade
[editar] Barrios ou veciñanzas
A cidade de Búfalo está composta por 32 barrios, zonas ou veciñanzas:
Allentown, Bailey-Lovejoy, Black Rock, Central Park, Cold Springs, Delaware District, Downtown, East Side, Elmwood Village, Fillmore-Leroy, First Ward, Fruit Belt, Hamlin Park, Hospital Hill, Humboldt Park, Kaisertown, Kensington, Kensington Heights, Lower West Side, Masten Park, North Buffalo, North Park, Parkside, Polonia, Riverside, Schiller Park, South Buffalo, University District, University Heights, Vernon Triangle, Upper West Side, Willert Park
Ademais, a cidade de Búfalo conta con 28 veciñanzas ou pobos no seu arrabalde que pertencen a súa área metropolitana, en inglés denominados suburbs (suburbios):
Akron, Alden, Amherst, Angola, Aurora, Blasdell, Boston, Cheektowaga, Clarence, Depew, East Aurora, Eden, Elma, Grand Island, Hamburg, Kenmore, Lackawanna, Lancaster, Lewiston, Lockport, Marilla, North Tonawanda, Orchard Park, Sloan, Tonawanda, West Seneca, Wheatfield, Williamsville
[editar] Ligazóns externas
(en inglés)
Erro no código da cita: as etiquetas <ref> existen, pero non se atopou ningunha etiqueta <references/>