Bíceps crural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bíceps (homónimos).

O bíceps crural ou femoral é un músculo do membro inferior humano. Insírese superiormente no coxal, pasa pola coxa e chega á perna. O seu nome débese a que está formado por dúas porcións, unha longa e unha curta.

Índice

[editar] Insercións superiores

  • Da porción longa: Insírese no bordo inferior do pube.
  • Da porción curta: Insírese no intersticio entre os dous beizos do bordo posterior da diáfise femoral.

[editar] Insercións inferiores

As dúas porcións únense na metade inferior da diáfise femoral nun único tendón, que se insire na epífise proximal do peroné.

[editar] Inervación e vascularización

  • Inervación: É inervado polo nervio ciático maior.
  • Vascularización: É inervado pola arteria femoral fonda.

[editar] Relacións importantes

Artigo principal: Oco poplíteo.
  • Forma parte do límite superior do oco poplíteo.

[editar] Funcións

Artigo principal: Articulación coxo-femoral.
  • Na articulación coxo-femoral: É un extensor desta articulación.
Artigo principal: Xeonllo.
  • No xeonllo: É un flexor da perna sobre a coxa, e tamén un rotador externo desta articulación.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas