Azua de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Azua de Compostela, chamada a veces Compostela de Azua, é a capital da provincia de Azua, na República Dominicana. O usual é chamala simplemente Azua.

A cidade é un pequeno centro urbano e comercial na costa sur da República Dominicana. Atópase a 97 km ao sudoeste de Santo Domingo, na rexión administrativa El Valle.

Posúa unha poboación de 87.024 habitantes (56.453 urbana e 30.571 rural) no 2002, nunha área de 432,95 km².