Azolla filiculoides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Azolla filiculoides
Imaxe aumentada de Azolla filiculoides
Imaxe aumentada de Azolla filiculoides
Estado de conservación
G5
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pteridophyta
Clase: Pteridopsida
Orde: Salviniales
Familia: Azollaceae
Xénero: 'Azolla'
Especie: ''A. filiculoides''
Nome binomial
''Azolla filiculoides''
Lam.[1][2]
Sinonimia

A. arbuscula Desv.
A. filiculoides var. rubra (R.Br.) Strasb.
A. magellanica Willd.
A. squamosa Molina
(Poss.) A. caroliniana Willd.
(Poss.) A. japonica Franch. & Sav.
(Poss.) A. rubra R.Br.

List source : [2]

Azolla filiculoides, o fento de auga, é unha especie de fento acuático nativo de zonas tépedas e tropicais de América, onde habita lagos, lagoas e ríos de corrente lenta.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Posúe un crecemento moi rápido, sendo quen de cubrir amplas superficies en poucos meses. Cada individuo ten un diámetro de 1-2 cm, cunha cor verde tinguida de rosa, laranxa ou vermello nos bordos. Ramificacións libres, que se quebran en pequenas seccións a medida que a planta medra. Non soporta baixas temperaturas, sobrevivindo en zonas frías grazas a gromos somerxidos.

Cultivo[editar | editar a fonte]

A especie ten sido cultivada en moitas rexións do Vello Mundo, pola súa capacidade de fixación do nitróxeno atmosférico. Considérase útil para cultivos en auga, como o do arroz. Así e todo, Azolla filiculoides ten causado e causa graves problemas á flora e fauna autóctonas de ecosistemas lacustres do oeste de Europa [5], sur de África, Asia tropical, Australia e Nova Zelanda.

En Galicia[editar | editar a fonte]

Está presente no río Miño entre Rábade e o encoro de Belesar, en Ribadavia e en Padrón [1]. Mencionouse tamén en Culleredo, onde causou problemas á poboación local de sapo corriqueiro (''Bufo calamita'') [3]. En Vigo e en Sanxenxo foi citada a A. carolinensis, moi similar á primeira [1]. No río Lagares e nas Gándaras de Budiño (Ribeiras do Louro] existe Azolla sp., quizais A. filiculoides; alí a especie colonizou e ocupou rapidamente as masas de auga, tapizando toda a superficie. Na lagoa da Bodeira (O Grove) A. filiculoides foi mencionada por primeira vez no verán de 2012, procedéndose a unha primeira retirada parcial, sen éxito.

Control en Galicia[editar | editar a fonte]

A retirada manual é imprescindible, se ben é complicada e custosa, e non garante a erradicación do fento [1] [5]. Débese realizar combinada con outros métodos, especialmente co control biolóxico a través do gorgullo Stenopelmus rufinasus. Esta é unha especie americana de coleóptero, cuxa larva é monófaga e se alimenta de Azolla spp. [1]. Está xa citado na Península Ibérica, en concreto nos ríos Guadiana e Ter [2][4]. É moi probable que este gorgullo non teña influencia noutros coleópteros autóctonos nin en plantas do mesmo contorno. A terceira vía sería o uso de herbicidas, contendo glifosato ou diquat [5], se ben este método é efectivo só en canais e pequenas masas de auga, e pode prexudicar a outras plantas existentes.

Imaxes[editar | editar a fonte]

  • Azolla filiculoides
  • Azolla filiculoides (pink-tinged) growing together with Lemna minor duckweed
  • Single Azolla filiculoides plant showing the roots

Referencias[editar | editar a fonte]

[1] Fagúndez, J. & Barrada, M. 2007. Plantas invasoras de Galicia. Bioloxía, distribución e métodos de control. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela. PDF.

[2] Fernández, J. L.; Fernández, E. & Alonso-Zarazaga, M. A. 2005. Primera cita de Stenopelmus rufinasus Gyllenhal, 1835 en la Península Ibérica (Coleoptera, Erirhinidae). Graellsia, 61(1): 139-140. PDF.

[3] Galán, P. 2012. Declive de una población de Bufo calamita por invasión de la planta Azolla filiculoides. Bol. Asoc. Herpetol. Esp. 23: 113-116. PDF.

[4] Mor, J.-R.; Coral, L.; Masferrer, J.; Sala, J.; Font, J. & Boix, D. 2010. Presence of the exotic weevil Stenopelmus rufinasus Gyllenhal, 1836 (Coleoptera: Erirhinidae) in Ter River (NE Iberian Peninsula). Boletín de la SEA, 46: 367-372

[5] Natural History Museum. 2012. Azolla filiculoides. Conservation. PDF.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. In: Encyclopédie Méthodique, Botanique 1(1): 343. 1783. "Name - Azolla Lam.". Tropicos. Saint Louis, Missouri: Missouri Botanical Garden. http://www.tropicos.org/Name/40023609. Consultado o February 19, 2010. "Annotation: a sp. nov. reference for Azolla filiculoides
    Type Specimens HT: Azolla filiculoides"
  2. 2,0 2,1 Hussner, A. (2006). "NOBANIS -- Invasive Alien Species Fact Sheet -- Azolla filiculoides". Online Database of the North European and Baltic Network on Invasive Alien Species. Heinrich Heine University, Düsseldorf. http://www.nobanis.org/files/factsheets/Azolla_filiculoides.pdf. Consultado o February 19, 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]