Ayutthaya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ruínas de Wat Mahatat

Ayutthaya (nome completo Phra Nakhon Si Ayutthaya, tai พระนครศรีอยุธยา) é a capital da provincia de Ayutthaya, Tailandia, conta con 65.000 habitantes (2000). Fundouna o rei U-Tong en 1350, e converteuse na capital do seu reino, o reino ayuthia de Siam. En 1767 un exército birmano destruíu a cidade, que se refundou uns poucos quilómetros ao leste.