Aimery Picaud
Aimery Picaud foi un monxe poitevin de Parthenay-le-Vieux, que vivíu durante o século XII. Foi o autor da Guía do Peregrino, premeira obra dedicada á romaxe de Santiago de Compostela.
Índice |
Presentación [editar]
Aimery Picaud efectúa a romaxe a Santiago da cabalo e visita, na ocasión, un bo número de santuarios da Cristiandade. É o primeiro que ten a idea de substituír a competencia entre os diversos santuarios por unha complementariedade: para chegar a Compostela, o peregrino visita de paso todos os santuarios que están na ruta. Existe un gran número de itinerarios posibles, mais os catro principais son denominados rutas compostelanas e son rexistrados na guía baixo o nome de «camiños de Santiago».
A Guía do Peregrino ou Iter pro peregrinis ad Compostellam, antecesora da guía turística actual, foi orixinariamente escrita en latín e constitúe o quinto e derradeiro libro do Liber Sancti Jacobi ou Codex Calixtinus, conxunto de textos conformado por pezas litúrxicas e redactado entre os anos 1135 e 1140. Os catro camiños de Santiago que o autor describe son, de norte a sur:
Detállanse as etapas, as reliquias que se debe venerar, os santuarios a visitar antes de chegar até a catedral elevada á gloria de Santiago, así mesmo da informacións e consellos prácticos sobre as rexións que atravesan os camiños e máis a súa opinión, pintoresca e por veces subxectiva, sobre os seus habitantes. A obra servíu de referencia durante os séculos seguintes.
