Ayegui - Aiegi
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Ayegui - Aiegi | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade Autónoma: | |
| Provincia: | |
| Comarca: | Estella |
| Xeografía | |
| Altitude: | 489 msnm |
| Superficie: | 9,61 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 1.667 hab. (2009) |
| Densidade de poboación: | 173,47 hab./km² |
| Xentilicio: | Aiegiar |
| Información | |
| Código postal: | 31240 |
| Alcalde: | José Artiz Segura (Indep.) |
| Sitio na web: | http://www.ayegui.org |
Ayegui ou Aiegi[1] é un concello da Comunidade Foral de Navarra, pertencente ao meiriñado de Estella.
Situado a 47 km ao suroeste de Pamplona, limita ao norte con Allín, ao leste con Estella, ao sur con Aberin e Dicastillo, e ao oeste con Iguzkitza.
Índice |
[editar] Demografía
| 1897 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2006 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 493 | 494 | 522 | 555 | 592 | 501 | 509 | 615 | 575 | 683 | 745 | 1.075 | 1.469 |
[editar] Sitios de interese
Coñecida polo Mosteiro de Irache, a vila de Aiegi é un punto de paso do Camiño de Santiago que vén de Francia.
Cabe destacar tamén a cima de Montejurra, preto da localidade, así como a Fonte de Irache. Esta fonte, construída por Bodegas Irache, ten dous canos, un de auga fresca e outro de viño, para que os peregrinos repoñan as necesarias forzas para continuaren coa súa romaría.
[editar] Festividades
As festas patronais celébranse do 7 ao 11 de setembro.
[editar] Personaxes ilustres
- Javi Martínez (n. 1988): futbolista do Athletic de Bilbao, campión da Copa do Mundo coa Selección de fútbol de España en 2010.