Aio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Axio")

Aio (ou Axio) foi o primeiro rei mítico dos longobardos xunto co seu irmán Ibor. Os dous reis guiaron o seu pobo desde a Escandinavia natal ata a costa meridional do Mar Báltico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A existencia dunha diarquía nas orixes máis remotas do pobo, entre mito e historia, reflicte unha estrutura de poder común entre os soberanos xermánicos: todos os fillos tiñan o mesmo dereito á sucesión e a miúdo existían formas de cogoberno cando se escollían dous irmáns ao mesmo tempo.

Segundo o mito das orixes do pobo longobardo transmitidas por Paulo Diácono na súa Historia Langobardorum, (na sección onde recolle os mitos fundacionais do seu pobo, a Origo gentis Langobardorum), Ibor e Aio, fillos da raíña Gambara, conduciron aos longobardos (naquela época chamados Winnilos) a unha área da actual Alemaña setentrional: quizais na foz do río Elba, quizais fronte á illa de Rügen.

Os longobardos atopáronse cuns novos veciños: os vándalos, pero, na batalla decisiva, Ibor e Aio venceron; a lenda conta que a súa vitoria decretouna o deus Odín, convencido pola súa muller Frigg á que se dirixira Gambara.

Unha tradición posterior fai de Aio o pai de Axelmundo, rei dos longobardos a finais do século IV.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]