Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) é un consorcio creado entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas (USC, UdC e UVi) coa finalidade de velar polo prestixio e recoñecemento do Sistema Universitario de Galicia entre as institucións universitarias a nivel estatal, europeo e internacional. O seu director é José Eduardo López Pereira.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi creada o 30 de xaneiro de 2001 baixo dúas perspectivas: baseándose nas experiencias previas no campo da avaliación das novas tendencias internacionais e, fundamentalmente, das recomendacións do Consello de Europa sobre cooperación europea para a garantía da calidade no ensino superior. Búscase a inclusión da calidade das universidades no novo programa de financiamento (destinando unha parte dos recursos á mellora do ensino, xestión etc.).

Está dotada de personalidade xurídica plena, e conta coa independencia necesaria para desenvolver os obxectivos con rigor e respecto á autonomía universitaria.

Preténdese que as universidades galegas se caractericen polo desenvolvemento desta autonomía, respondendo ás necesidades socioeconómicas e culturais concretas e específicas do contexto galego, ao tempo que se busca a integración de forma competitiva no contexto universitario, integrándose no Espazo Europeo de Educación Superior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]