Axel Pehrsson-Bramstorp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Axel Pehrsson-Bramstorp
Axel Pehrsson-Bramstorp.jpg
Axel Alarik Pehrsson-Bramstorp
Primeiro Ministro de Suecia
Período: 19 de xuño de 1936 - 28 de setembro de 1936
Antecesor: Per Albin Hansson
Sucesor: Per Albin Hansson
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 19 de agosto de 1883
Lugar: Öja, Escania, Suecia
Falecemento: 19 de febreiro de 1954
Lugar: Estocolmo, Suecia
Organización: Bondeförbundet
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe:
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s):
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: granxeiro e político
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Axel Alarik Pehrsson-Bramstorp, orixinalmente Axel Alarik Pehrsson, nado en 1883 e finado en 1954, foi un granxeiro e político, e o primeiro ministro de Suecia entre xuño e setembro de 1936.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia de granxeiros, e aínda que a morte do seu pai fixo imposible que continuase os seus estudos despois dos 14 anos, máis tarde supliu esta carencia con algúns cursos de educación para adultos nunha folkhögskola. A granxa que os seus pais alugaran era con todo dun tamaño considerable, e na época do seu matrimonio puido comprar a granxa Bramstorp no mesmo distrito parroquial, mentres que logo asumiu a dirección da granxa paterna e tamén dalgunhas outras. Como parlamentario sería máis coñecido como "Axel Pehrsson de Bramstorp", ou só como "Bramstorp", e en 1937 agregou oficialmente o nome da granxa ao seu apelido familiar.

Mentres cimentaba a súa riqueza como agricultor, estivo activo en política social e rexional e en 1918 converteuse en membro da segunda cámara do Riksdag (Parlamento), representando ao Partido Liberal, pero non foi reelecto en 1921. Máis tarde adheriu ao partido agrario Bondeförbundet (a "Liga dos Granxeiros") e foi novamente electo en 1929 como membro da segunda cámara, onde permanecería até 1949. Foi presidente do partido entre 1934 e 1949.

Cando o gabinete social demócrata de Per Albin Hansson foi cesado pola maioría parlamentaria na primavera de 1936, Pehrsson recibiu o mandato do Rei Gustavo V de formar unha coalición de goberno non socialista. Isto resultou imposible, e Pehrsson dirixiu un gabinete monopartidario como primeiro ministro durante tres meses. Como o seu gabinete só permaneceu á fronte do país durante o verán, foi chamado "o goberno de vacacións". Pehrsson tamén ocupou nese breve período o cargo de ministro de Agricultura; tras as eleccións para a segunda cámara en setembro renunciou como primeiro ministro, pero permaneceu como ministro de Agricultura no novo gabinete de Hansson, que era unha coalición de social demócratas e o Bondeförbundet. Continuou na mesma posición no gabinete de coalición nacional que se formou, tamén baixo o liderado de Hansson, ao estalar a Segunda Guerra Mundial en 1939 e que permaneceu até a fin da guerra en 1945.

Tras a renuncia do gabinete de coalición do período da guerra, Bramstorp mantivo importantes posicións nas organizacións de agricultores, á vez que continuou como presidente do seu partido e membro do Parlamento, ata que a enfermidade o forzou a retirarse en 1949. Foi galardoado co título de cabaleiro da Orde do Serafín ese mesmo ano, e viviu o resto da súa vida na súa granxa.

Primeiro Ministro de Suecia

Segue a:
Per Albin Hansson
Axel Pehrsson-Bramstorp
(xuño-setembro de 1936)

Precede a:
Per Albin Hansson
Bondeförbundet