Awaji
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Awaji na prefectura de Hyōgo | |||
| Localización da prefectura de Hyōgo no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Illa de Awaji | ||
| Rexión | Rexión de Kinki | ||
| Prefectura | Prefectura de Hyōgo | ||
| Superficie | 184,23 km2 | ||
| Poboación | 47.062 (2009) | ||
| Densidade | 255 h/km² | ||
| Alcalde | Yasuhiko Kado | ||
Awaji (淡路市, あわじし, Awaji-shi) é un concello da prefectura de Hyōgo no Xapón. Está situada no centro da rexión de Kinki e ao sur da prefectura, e ao norte da Illa de Awaji. Ten 184,23 km² de superficie e unha poboación de 47.062 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 255 h/km².
O concello de Awaji limita co concello de Sumoto e está unido ó concello de Kōbe, na illa de Honshu, pola ponte Akashi Kaikyō.