Avión, Avión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avión
Vista de Avión
ConcelloAvión[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°22′29″N 8°15′18″O / 42.37472222, -8.255Coordenadas: 42°22′29″N 8°15′18″O / 42.37472222, -8.255
Poboación588 hab. (2015)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xusto e Pastor de Avión é unha parroquia do concello de Avión, na provincia de Ourense. En 2015 tiña 588 habitantes (279 homes e 309 mulleres), 133 menos ca en 2000. Esta parroquia, por ser a capital do municipio, non perdeu tanta poboación como as outras do concello.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial ten a súa orixe a comezos do século XVII, rematándose a súa construción en 1742. A fachada é un retablo barroco realizada por canteiros da Terra de Montes, e ten outras dúas portadas fortemente moldeadas e con fornela superior, con figuras pétreas de Santo Antón co Neno e a Virxe e o seu fillo. A cabeceira, moi anterior a 1742, ten bóveda de nervios góticos con claves historiadas policromadas. Na central figuran os santos Xusto e Pastor, con caretas alusivas aos principios centrais da fe.

Mapa da xurisdición de Avión de Rosendo Amoedo, 1789.

A arquitectura da torre do templo, con carátulas angulares na balaustra inferior, é similar á das igrexas de Carballeda e Beiro, posiblemente porque foron ordenadas facer pola mesma persoa, o conde de Ribadavia.

A igrexa ten columnas salomónicas angulares, algo que malia ser un exemplo moi característico do barroco, non é común nos exteriores das igrexas do barroco galego.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Avión[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Avión no concello de Avión (Ourense)

Beresmo | Cernadas | San Vicenzo | San Xusto

Parroquias de Avión[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Avión

Abelenda (Santa Mariña) | Amiudal (Santiago) | Avión (Santos Xusto e Pastor) | Baíste (Santa María) | Barroso (Santa Baia) | Córcores (Santa Mariña) | Cortegazas (Santo Antonio) | Couso (Santa María) | Nieva (Santa María)

Notas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]