Avenoiteiras
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Avenoiteiras | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chordeiles minor, e Caprimulgus vociferus |
|||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||
|
|||||||||||
| Géneros | |||||||||||
Os caprimúlguidos son unhas aves estrixiformes pertencentes á familia Caprimulgidae. Coñécense popularmente como avenoiteiras, noitebras ou noitaregas[1] nomes que veñen dos seus hábitos nocturnos. Como o seu nome indica son aves noturnas, de ás longas e patas curtas, que normalmente fan o seu niño preto do chán e se alimentan de insectos como bolboretas e mosquitos. Os membros deste grupo atópanse en amplamente espallados no mundo.
Os caprimúlguideos son aves pouco coñecidas, sobre todo debido aos seus hábitos noturnos. Porén, están espalladas por todo o planeta, principalmente nas rexións máis quentes. Teñen o costume de vivir preto de rebaños, xa que estes lles garanten unha boa concentración de insectos.
[editar] Xéneros
- Lurocalis
- Chordeiles
- Nyctiprogne
- Podager
- Nyctidromus
- Phalaenoptilus
- Siphonorhis
- Nyctiphrynus
- Caprimulgus
- Macrodipteryx
- Hydropsalis
- Uropsalis
- Macropsalis
- Eleothreptus
[editar] Notas
- ↑ VV.AA. (2008). Dicionario Xerais Galego-Castelán, Castellano-Gallego. Ed. Xerais, páx. 75.