Avenida dos Campos Elíseos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Campos Elíseos.
Os Campos Elíseos: en francés Les Champs-Élysées é a principal avenida de París. Mide 1880 metros de lonxitude, e vai dende o Arco do Triunfo ata a Praza da Concordia.
O nome Campos Elíseos vén da mitoloxía grega, onde designaba a morada dos mortos reservada ás almas virtuosas, o equivalente do paraíso cristián. Para acceder a el debían beber no río Lete, que lles faría esquecer o seu paso polo inferno.
É considerada a nivel mundial como a Avenida máis fermosa, famosa e elegante do mundo, é tamén a zona de compras mais exclusiva e cara do mundo, conta coas tendas mais exclusivas a nivel mundial como Louis Vuitton, Cartier, Hugo Boss entre outras. Os franceses adoitan chamala a avenida máis fermosa do mundo («a plus belle avenue du monde»).
Índice |
[editar] Historia
[editar] Cronoloxía
- 1640: plántase unha fileira de árbores en continuidade do Louvre e o Palacio das Tullerías.
- 1724: remátase o seu trazado actual.
- 1824: constrúense as beirarrúas.
- 1994: inaugúrase a remodelación máis ambiciosa desenvolvida ata o momento. O 14 de xullo, soldados alemáns paticiparon no tradicional desfile que se celebra cada ano nesta avenida, marcando un fito nas relacións franco-alemás.
[editar] Características
Na parte alta da avenida, que comeza na praza «Charles de Gaulle» (antes praza da Estrela, «place de l'étoile») atópanse cines, tendas de luxo e grandes almacéns (en particular un dedicado á música).
A parte baixa da avenida, que desemboca na Praza da Concordia (onde se celebraban as execucións), está rodeada de xardíns e atópanse varios edificios públicos maxestuosos: O Palacio do Descubrimento («Palais da Découverte»), o Pequeno Palacio e o Gran Palacio, así como a Universidade París IV.
Os Campos Elíseos son parte do eixo histórico de París, que se prolonga polo Xardín das Tullerías ata chegar ao Museo do Louvre.
Polo lado oposto do Arco de Triunfo a avenida da Gran Armada e a Avenida Charles de Gaulle prolongan os Campos Eliseos. Nos anos noventa contruíronse neste mesmo eixo o Gran Arco, no barrio moderno de «La Défense», un dos centros de finanzas máis importantes da Unión Europea xunto co de Fráncfort.
[editar] Ciclismo
Na Avenida dos Campos Elíseos está atópase a liña de meta da derradeira etapa do Tour de Francia. Ademais, a entrega de premios final celébrase á beira do Arco do Triunfo e é por iso que se converteu nun paseo mítico para o mundo do ciclismo.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Distrito de Champs Elysées - Actual e fotografías dos anos 1900
- Presentación da avenida dos Campos-Elíseos en Paris
{