Ave, Caesar, morituri te salutant.
Atención: Este artigo precisa dun traballo de revisión.
|
"(H)Ave, Caesar, morituri te salutant. Podemos ler esta expresión en Suetonio, De vita Caesarum liber V, [Divo Claudio, XXI,6.][1] Di: "antes de desecar o lago Fucino patrocinou no mesmo lago unha naumaquia. Os loitadores berraron: "Emperador, os que imos morrer, desexámosche saúde". Claudio respondeulles: "Eu deséxovola a vós". Ningún quixo loitar despois de que ouviran o que lles dixera e que interpretaron como que lles perdoaba a vida. Claudio dubidou durante bastante tempo se matalos a todos por medio do lume ou coa espada. Por fin, púxose en pé dun salto e indo de aquí para alá por todo o derredor do lago cuns pasos vacilantes e ridículos, por medio de ameazas unhas veces e de súplicas outras, conseguiu que os loitadores loitasen".
O emperador [2]Claudio tiña unha gran afección aos xogos do anfiteatro e a todas as súas manifestacións, tanto os que enfrontaban a persoas entre si, como os xogos de gladiadores, como outros cacerías e naumaquias.
Na expresión Ave, Caesar, morituri te salutant, a palabra Ave quere dicir o saúdo, a benvida, desexando saúde á persoa á que se dirixe. O mesmo que o verbo salutant, que ten a mesma raíz que a palabra saúde, e ten que ver con salvación. Polo tanto, para entender o episodio que nos conta Suetonio na biografía do emperador Claudio hai que ter en conta esta etimoloxía. O que lle din os loitadores é que desexan que o Emperador Claudio teña saúde. Como Claudio lles responde que tamén lla desexa a eles, estes entenden que está a indultalos, xa que as loitas que se facían tanto nos anfiteatros como nas naumaquias eran a morte. É por iso que se poñen tan contentos.
[editar] Notas
- ↑ Bibliotheca Augustana (en latín).
- ↑ Caesar nesta locución, César refírese o titulo dos emperadores romanos, polo tanto tratase do emperador Caudio