Avares
Os avares son un pobo do Cáucaso, que habita principalmente no Daguestán, onde son o grupo predominante, a súa lingua é o avar, pertencente á familia das linguas caucásicas nororientais e a súa relixión tradicional o islam sunita. Aproximadamente os avares son un millón de persoas.
Localización [editar]
A maior parte dos avares habitan territorios montañosos do oeste do Daguestán, unha minoría vive nas planicies desa república, en especial nos distritos de Buynaksky, Khasavyurtovsky e Kizilyurtovsky, en todo o territorio viven 850.011 avares. Noutras repúblicas de Rusia hai tamén minorías, así en Chechenia hai 4864[1], en especial nos distritos de Sharoysky e Shelkovskoy. En total en Rusia cóntanse 910.200, segundo o censo de 2010, aínda que hai que ter en conta que nos censos rusos inclúense como avares membros dalgunhas pequenas minorías andi-dido. En Acerbaixán son 50.891 segundo o censo de 1999[2] concentrados nas rexións de Balakan e Zaqatala. En Xeorxia hai 1996[3] segundo o censo de 2002 localizados na súa inmensa maioría no distrito de Qvareli. Non hai datos do número de avares en Turquía, algúns cífrannos en 53.000[4]
Notas [editar]
- ↑ Datos do censo ruso 2010 (en ruso)
- ↑ Datos do censo de Acerbaixán de 1999
- ↑ Datos do censo de Xeorxia de 2002
- ↑ Ataev B.M Avartsy: iazyk, Istoriia, Pismennost.-Machachkala:DSC RAS, 2005
