Ava
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Ava é unha cidade da división de Mandalay, Myanmar. Localízase no sur de Amarapura, á beira do río Ayeyardwady. Recibe tamén o nome de Ratnapura (cidade das xemas en pali).
Historia [editar]
Ava foi a capital de Birmania entre 1364 e 1841. En 1752 os Mon rebeláronse contra o poder birmano e saquearon Ava. En 1841 un terromoto destruíu a cidade e a capital moveuse para Amarapura. Hoxe da antiga capital só quedan ruínas das súa murallas, un palacio e varias pagodes.