Auxiliar de enfermaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O auxiliar de enfermaría, tamén denominado técnico en coidados auxiliares de enfermaría, técnico auxiliar de enfermaría, auxiliar de clínica ou enfermeiro auxiliar, é unha segunda categoría de profesional dentro da Enfermaría en España e noutros países.

Os auxiliares de enfermaría son titulados de Formación profesional con 2 cursos académicos de preparación.

Funcións[editar | editar a fonte]

As funcións dos auxiliares de enfermaría, delegadas pola enfermaría e a medicina (baixo prescrición), son os coidados relacionados coa eliminación de residuos, hixiene e alimentación, así como —baixo supervisión— a administración por vía oral e rectal de medicación e a toma de constantes e signos vitais básicos (teñen prohibida a administración de medicación por vía parenteral, así como calquera técnica diagnóstica ou preventiva, as escarificacións ou as puncións.[1])

Xa que forman parte da enfermaría, xeralmente estes profesionais están presentes nos mesmos lugares de traballo que enfermeiros e médicos, complementando o seu labor, xa sexa en hospitais (incluíndo servizos como a Unidade de Coidados Intensivos ou a Administración), en consultorios, en clínicas dentais ou en centros de saúde.

Polo mesmo motivo, están capacitados ao igual que os enfermeiros para realizar funcións asistenciais e administrativas, aínda que non docentes ou investigadoras.[2]

Historia dos auxiliares de enfermaría en España[editar | editar a fonte]

Título de Técnico Superior en Coidados Auxiliares de Enfermaría do Instituto Nacional de Cualificacións Profesionais.
  • Nos anos 60 aparecen os primeiros Auxiliares de Clínica, sen ningunha formación académica exixida. Baixo a dependencia funcional e supervisión dos A.T.S. dedícanse a cubrir as necesidades máis básicas dos pacientes.
  • No ano 1973 apróbase o Estatuto do Persoal Sanitario non Facultativo da Seguridade Social (Orde do Ministerio de Traballo de 26 de abril de 1973), no que, por primeira vez recóllese legalmente a figura do Auxiliar de Clínica.
  • No ano 1975 iníciase a formación profesional do Auxiliar de Clínica coa posta en marcha do Título de Formación Profesional, Rama Sanitaria (FP I).
  • No ano 1984 inclúese a exixencia do título de Formación Profesional, Rama Sanitaria (FP II) a todos aqueles traballadores Auxiliares de Clínica que pretendan traballar en institucións sanitarias da Seguridade Social.
  • No ano 1986, a Orde de 26 de decembro de 1986 do Ministerio de Sanidade e Consumo crea a categoría profesional do Auxiliar de Enfermaría substituíndo á de Auxiliar de Clínica, producíndose así a plena integración destes nos equipos de enfermaría.
  • No ano 1990, a Lei Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE) introduce cambios importantes na ensinanza regrada da FP en España. Mediante os Reais decretos 546/1995 e 558/1995 establece o currículo formativo e a nova denominación do título: Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría.
  • No ano 2007, o Instituto Nacional de Cualificacións Profesionais, cataloga o Título de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría antes Nivel 2, (pertencente aos ciclos formativos de grao medio) como Nivel 3 [3] (pertencente aos ciclos formativos de grao superior) de cualificación profesional, titulación até agora en Contraste Externo, segundo o Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionales, Familia Profesional de Sanidade, editado polo Ministerio de Educación e Ciencia.[4]

Especialidades dos auxiliares de enfermaría[editar | editar a fonte]

En España, as especialidades de auxiliar de enfermaría son as seguintes:[5][6]

  • Auxiliar de Xeriatría.
  • Auxiliar de Odontoloxía.
  • Auxiliar de Educación Bucodental.
  • Auxiliar de Rehabilitación.
  • Auxiliar de Pediatría.
  • Auxiliar de Unidades Especiais.
  • Auxiliar de Documentación Sanitaria.
  • Auxiliar de Balnearios.
  • Auxiliar de Enfermaría en departamentos de asuntos sociais de Ministerios, Comunidades Autónomas e Concellos.
  • Auxiliar de Enfermaría en Departamentos de Quirófano e Esterilización.
  • Auxiliar de Enfermaría en Departamentos de Tocoloxía.
  • Auxiliar de Enfermaría en Departamentos de Radio-Electroloxía.
  • Auxiliar de Enfermaría en Departamentos de Laboratorio.
  • Auxiliar de Enfermaría en Servizos de Admisión.
  • Auxiliar de Enfermaría en Departamento de Consultas Externas.
  • Auxiliar de Enfermaría en Servizos de Farmacia.
  • Auxiliar de Enfermaría en Institucións Sanitarias Abertas (Ambulatorios).
  • Auxiliar de Atención Primaria e Comunitaria.
  • Auxiliar de Axuda Psicolóxica ao Paciente.
  • Auxiliar de Educación Sanitaria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Artigo 85 do Estatuto de Persoal Sanitario non Facultativo da Seguridade Social.
  2. Estatuto do Persoal Sanitario non Facultativo da Seguridade Social, Orde do Ministerio de Traballo de 26 de abril de 1973 (publicado no BOE dos días 28 e 30 de abril de 1973).
  3. Nivel 3 de cualificación profesional: Competencia nun conxunto de actividades profesionais que requiren o dominio de diversas técnicas e pode ser executado de forma autónoma. Comporta responsabilidade de coordinación e supervisión de traballo técnico e especializado. Exixe a comprensión dos fundamentos técnicos e científicos das actividades e a avaliación dos factores do proceso e das súas repercusións económicas. (Fonte: Educación y Ciencia de España)
  4. Ministerio de Educación y Ciencia de España
  5. Título Oficial do Ministerio de Educación e Ciencia de Técnicos en Coidados Auxiliares de Enfermaría.
  6. Estatuto do Persoal Sanitario non Facultativo da Seguridade Social.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]