AG-11

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Autovía do Barbanza»)
AG-11
Autovía do Barbanza
TipoloxíaAutoestrada de peaxe na sombra
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude40 km
Localización
Inicio N-550  Padrón
Fin AC-550  Ribeira

A AG-11 ou autovía do Barbanza é unha autovía autonómica galega que une os concellos de Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. A autovía xurdiu do desdobramento da antiga VG-1.1, a cal estaba soportando unha grande intensidade de tráfico e era pouco segura. A concesionaria para a súa construción e mantemento é Sacyr Concesiones, pertencente ó grupo Sacyr Vallehermoso.

Foi inaugurada o 14 de decembro de 2008 desde Padrón ata Rianxo, e entre Rianxo e Santa Uxía de Ribeira a mediados de abril de 2009. En Padrón conéctase coa N-550 contando ademais cun ramal de conexión coa AP-9 que posibilita tamén tomar a variante de Padrón da N-550 inaugurada no ano 2015[1].

Trátase dunha autovía con peaxe na sombra.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pastor asiste a la puesta en servicio la Variante de Padrón (N-550), en A Coruña Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento. Consultado o 16/10/2015 (en castelán).
  2. Serafín Lorenzo (2016-02-21). "Las autovías de peaje encubierto superan el tráfico que llevó a la Xunta a pagar más". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-05-08.