A-57

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Autovía A-57»)
Autovía A-57, Autovía do Atlántico
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas do Estado
Lonxitude150 +/- km
Localización
InicioA Coruña
FinO Confurco (Ponteareas)

A Autovía do Atlántico ou A-57 é unha futura autovía situada no corredor occidental de Galicia, que discorrerá dende A Coruña ata O Confurco (Ponteareas), pasando por Santiago de Compostela e Pontevedra.

Na actualidade, dividiuse para a súa tramitación en bastantes treitos, con diferentes estados. O único treito en obras é o traxecto entre Vilaboa e A Ermida, que pertence á circunvalación leste de Pontevedra.

A A-57 empezará na cidade da Coruña, aproveitará a autovía AC-14 dende o seu inicio ata a súa conexión coa A-6, irá ata Santiago ao oeste da N-550 e a AP-9. En Santiago de Compostela circunvalará polo oeste, creando unha auténtica circunvalación circular en dita cidade. Logo rodeará Padrón, Pontecesures e Valga polo oeste chegando a Curro onde haberá un gran nó de conexións coa AP-9, AG-41 a Sanxenxo e a futura AG-47 a Vilagarcía de Arousa. O último treito, coa tramitación máis avanzada e os proxectos construtivos listos, bordeará Pontevedra polo leste, en Vilaboa terá conexións coa AP-9 e a futura A-59 a Vigo, logo subirá polo monte para chegar á zona do Confurco, nas proximidades do Porriño, onde se conectará coa A-52 e a A-55.

Ata o 1 de outubro do 2015, a A-57 ía dende Barro ata O Confurco. En 2015, cambiouse a orixe ata a cidade da Coruña e foi bautizada co novo nome de Autovía do Atlántico. [1]

Treitos[editar | editar a fonte]

Denominación Treito Quilómetros Ano servizo / Estado (2020)
AC-14 A Coruña - Ledoño A-6) 10,2 Tramo Lonzas-A Zapateira: 2015[2]
Tramo A Zapateira-Ledoño: 2011[3]
Ledoño (A-6) - Ordes Norte - Pendente novo estudo informativo
Ordes Norte - Ordes Sur 12,2 Estudo informativo
Ordes Sur - Sigüeiro Sur 11 Estudo informativo
Sigüeiro Sur - Padrón Norte 35 Estudo informativo
Padrón Norte - Valga 6,2 Estudo informativo
Valga - Barro - Pendente novo estudo informativo
Barro (conexión AP-9, AG-47 e AG-41) - Pilarteiros 10,2 Estudo informativo aprobado
(pendente da licitación do proxecto)[4]
Pilarteiros - A Ermida (circunvalación de Pontevedra tramo 2) 5,04 Estudo informativo rematado (sometida información pública)[5]
(pendente de relicitación de proxecto)
A Ermida - Vilaboa (Circunvalación de Pontevedra tramo 1) 6,48 En obras (apertura prevista 2024)[6]
Vilaboa - Soutomaior (conexión A-59) 7,5 En redacción de proxecto (proxecto adxudicado o 09/09/2009)
Soutomaior - Pazos de Borbén 6,1 En redacción de proxecto (proxecto adxudicado o 07/08/2008)
Pazos de Borbén - Padróns 7,1 En redacción de proxecto (proxecto adxudicado o 02/04/2009)
Padróns - O Confurco (Ponteareas A-52) 7,2 En redacción de proxecto (proxecto adxudicado o 02/04/2009)

Notas[editar | editar a fonte]