Autos Lobelle de Santiago Fútbol Sala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lobelle
Nome Autos Lobelle de Santiago F.S.
Alcume(s) Lobellistas
Fundación 1975
Estadio Multiusos Fontes do Sar
Santiago de Compostela, Galicia Galicia
Inauguración 1998
Capacidade 6.050
Propietario
Presidente galego Xosé Antonio Lobelle
Adestrador galego Tomás de Dios
Liga Primeira División de fútbol sala
2010-11
Vestimenta Puma
Patrocinador Dia
Web oficial
Na casa


Fóra


O Autos Lobelle de Santiago F.S. é un equipo galego de fútbol sala da cidade de Santiago de Compostela. Xoga na Primeira División de fútbol sala española.

Foi campión da Copa Xunta de Galicia, a Copa e a Supercopa de España, e a Recopa de Europa.

Índice

[editar] Historia

[editar] Fundación e primeiros pasos

O Club Autos Lobelle de Santiago F.S. foi fundado no ano 1975 polo empresario da automoción Xosé Antonio Lobelle, que é o actual presidente. O equipo naceu en Chantada e iniciou a súa andaina participando na liga local chantadina. Nos primeiros momentos o club estivo formado basicamente por empregados do concesionario de automóbiles.

En 1985 prodúcese o traslado a Santiago de Compostela da empresa concesionaria, e con ela vai tamén o equipo, que xa daquela militaba na Liga Rexional. En 1989 o club ascede e comeza a competir en Liga Autonómica, e en 1992 pasa de Primeira Nacional B a Primeira Nacional A, que funciona como a división de bronce do fúbol sala español. Nesa categoría bota bastantes anos, e ascende á División de Prata no ano 2000, conseguido nun encontro desputado en Manzaneda ao que asistiron xa 300 seguidores lobellistas.

[editar] División de Prata

Nesta segunda categoría do fútbol sala español o Lobelle non bota demasiado tempo. A crecente profesionalización e a fichaxe dalgún xogador estranxeiro e doutros procedentes da División de honra vanlle abrindo as portas dun deporte que, paralelamente, coñece un rexurdir.

Así, na tempada 2000-01 finalizan de sétimos, na 2001-02 de oitavos logo de facer unha fenomenal primeira volta e unha desastrosa segunda, e na 2002-03 conseguen o ascenso á División de Honra, logo de desputar unicamente un play-off.

Na última xornada desa tempada, a número 30, o Lobelle venceu o Verín e tivo que agardar unha derrota do Ourense F.S. para poder clasificarse para o play-off. Nesta competición polo ascenso, os lobellistas derrotaron primeiro o Benicarló (3-1 e 5-2) e no segundo ao Levitt de Las Rozas, ao que venceu por 5-2 e 3-3 (na tanda de penaltis.

En recompensa polo ascenso, o clube asinou no libro de ouro da cidade de Santiago.

[editar] División de Honra

Dende o seu ascenso en 2003, o Lobelle non volveu descender. A súa primeira tempada en División de honra remata cunha décima praza e cunha participación en cuartos da Copa de España, competición que ademais se desputaba en Santiago.

A tempada 2004-05 é a de consolidación do equipo. Os resultados acompañan, e acadan os lobellistas unha sétima posición e a clasificación por primeira vez na súa historia, para o play-off polo título, onde caen derrotados en primeira rolda polo Boomerang Interviú de Alcalá de Henares. Ademais ese ano conseguen chegar ás semifinais de Copa, que se desputaba en Lizarra.

Os éxitos definitivos comezan a chegar na tempada 2005-06. O 8 de decembro de 2005, acada por primeira vez o título de campión da Copa Xunta de Galicia, derrotando na final ao Azkar Lugo (3-1). O partido, desputado en Pontevedra, decidiuse nos instantes finais, cunha épica remontada de tres goles.

O 22 de xaneiro de 2006, o Lobelle conquista a súa primeira Copa de España en Zaragoza, logo de derrotar o Boomerang Interviú nos penaltis (tras empatar 2-2). Antes xa eliminara o Polaris World Cartagena(7-3) e ElPozo Murcia (3-2).

Na tempada seguinte, 2006-07, o Lobelle desputa en setembro de 2006 a final da Supercopa de España, onde cae derrotado polo ElPozo Murcia por 2-3. A final desputábase en Castelló baixo o sistema de final four. Tamén nesa tempada, en xaneiro de 2007, o Lobelle desputa a Recopa de Europa contra seis equipos máis do continente (entreles outro galego, o Azkar Lugo, que defendía título), e onde consegue clasificarse para a final tras empatar no grupo preliminar ante o Aktyubretgen kazajo e golear 8-1 á Luparense, líder da liga italiana; final que desputa contra o Benfica portugués. Gaña a final na prórroga por 5-3 (tras empatar 2-2 no tempo reglamentario), e consegue o primeiro título continental da súa historia.

En xaneiro de 2010 proclamáronse subcampións da Supercopa de España celebrada en Vigo, logo de vencer nas semifinais ao Inter Movistar 6-10 e perder na prórroga da final fronte ao ElPozo Murcia por 3-2. Na final, o porteiro andaluz Carlos Barrón foi proclamado mellor xogador do torneo.

Un mes despois, repetiuse a historia na Copa de España desputada no Multiusos Fontes do Sar. Logo de eliminar nas semifinais ao Inter Movistar (3-1), volveron caer na prórroga por 3-2 ante ElPozo Murcia, logo de non lle ser concedido un gol legal ao equipo compostelán no segundo tempo co resultado de 2-2. Nesta ocasión, Alemão foi elixido mellor xogador da final.

O 12 de setembro de 2010 proclamouse campión da Supercopa de España, tras vencer ao Inter Movistar por 3-2 na final, celebrada en Guadalajara.

[editar] Palmarés

[editar] Torneos nacionais

[editar] Torneos estatais

[editar] Torneos internacionais

[editar] Xogadores

[editar] Cadro 2011/12

Xogador Nome completo Pos. Nac.
12 Carlos Barrón Carlos Barrón Redondo Porteiro España
13 Álex Alejandro González Pérez Porteiro España
2 Aicardo Jesús Nazaret Aicardo Collantes Peche España
4 Palmas David Palmas Mato Peche España
6 Barroso Jorge Barroso Orta Peche España
3 Hamza Hamza Maimon Amessaud Á España
5 David David Ruiz Mulas Á España
7 Rubi Rubén Lemos Mariño Á España
9 Luís Luís López García Á España
11 Chaguinha Bruno Rocha Braga Á Flag of Brazil.svg
17 Raúl Campos Raúl Campos Paíno Á España
20 David Pazos David Pazos Fuentes Á España
23 Quintela Diego Quintela Carril Á España
10 Charlie Carlos Muñiz Seisdedos Pívot España

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas