Austin, Texas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Austin | |
|---|---|
| Imaxe:Seal of Austin, TX.gif | [[Imaxe:]] |
| Situación xeográfica | |
| País: | |
| Estado: | Texas |
| Condado: | Travis Williamson Hays |
| Incorporada: | |
| Alcalde: | [[Will Wynn]] |
| Xeografía | |
| Altitude: | 149 m msnm |
| Superficie: | 767.28 km² km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 715,893 (2008) |
| Densidade de poboación: | 925.21/km² |
| Información | |
| Sitio na web: | www.cityofaustin.org |
Austin, cidade, capital do estado de Texas en Estados Unidos. Ademais das súas funcións como sede do goberno do estado, Austin é un centro comercial, fabril, docente e de convencións. Entre a súa produción, destacan os artigos de alta tecnoloxía, como equipos eléctricos, semiconductores e equipos informáticos. É a sede da Universidade de Texas en Austin (1883).
En 1730 misioneiros franciscanos estableceron tres misións temporais na zona, por entón ocupada por poboación autóctona dos grupos comanche, tonkawa e lipán. En 1838, asentouse neste lugar unha comunidade permanente á que se deu o nome de Waterloo. Ao ano seguinte esta comunidade incorporouse á República de Texas, sendo designada o seu capital e rebautizada en honra de Stephen F. Austin, considerado como 'o pai de Texas'. A maior parte dos texanos ansiaban separarse do territorio mexicano e aspiraban á unión cos Estados Unidos por razóns comerciais. En 1842, en tempos de Antonio López de Santa Anna, produciuse un incidente que obrigou a trasladar a capital a Houston, pero os cidadáns de Austin forzaron o regreso da capitalidade en 1844 cando a anexión de Texas era xa todo un feito.
Texas entrou na Unión (é dicir os Estados Unidos) en 1845 e Austin converteuse en capital do estado en 1850. Tras a Guerra de Secesión, o desenvolvemento económico de Austin viuse impulsado coa chegada do ferrocarril en 1871. Durante o século XX, Austin beneficiouse da utilización da enerxía hidroeléctrica e para regadío do río Colorado. Moitas empresas dedicadas á produción de artigos de alta tecnoloxía establecéronse na súa área metropolitana na década de 1970.

