Aurora Vidal Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAurora Vidal Martínez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de agosto de 1910 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de maio de 2005 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsXoán Vidal Martínez Editar o valor em Wikidata

Páxina webauroravidal.com Editar o valor em Wikidata
Non confundir con Aurora Martínez Vidal (Ourense 1944), adestradora.

Aurora Vidal Martínez, nada en Pontevedra o 28 de agosto de 1910 e finada na mesma cidade o 10 de maio de 2005[1], foi unha mestra e escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Placa na súa casa natal.

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Logo de graduarse en 1931 exerceu nas Illas Canarias, a provincia de Castellón e Galicia.

Colaborou nas revistas Vida Gallega e Sonata Gallega. En 1949 impulsou o grupo Teatro Experimental de Arte, do que foi directora. En 1952 foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega[2] a proposta de Leandro Carré Alvarellos, Antonio Couceiro Freijomil e Francisco Vales Villamarín.

Foi irmá do tamén escritor Xoán Vidal Martínez. En 1953 casou en Salcedo co mestre e pintor Marcial Pantín Folgar[3].

Lápida no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Camino de Belén (romance pastoril, 1946; ilustracións de Manuel Torres)
  • Sonetos Líricos (poesía, 1948)
  • Cartas de Amor (narrativa, 1950)
  • Mensaje de Otoño (narrativa, 1951)
  • Poemas de nenos e paxariños (poesía, 1958)
  • El divino caminante (teatro, 2010; escrita en 1949 e estreada en 1987)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fallece la escritora y académica pontevedresa Aurora Vidal Martínez". La Voz de Galicia. 11 de maio de 2005. 
  2. "Asorey ha sido nombrado académico de la Real Gallega". El Correo Gallego. 6 de maio de 1952. 
  3. "Bodas distinguidas". La hoja del lunes. 23 de novembro de 1953. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]