Auricalcita
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Auricalcita | |
|---|---|
| Fórmula química: | (Zn,Cu2+)5 (CO3)2 (OH)6 |
| Clase: | Carbonato |
| Subclase: | {{{subclase}}} |
| Sistema cristalino: | Romboédrico |
| Cor: | De azul a verde escuro |
| Brillo: | Sedoso |
| Dureza: | 2 (escala de Mohs) |
| Fractura: | |
| Exfoliación: | |
| Raia: | Esbrancuxada |
| Densidade: | 3,6 g/cm³ |
A auricalcita é un mineral do grupo dos carbonatos. É un mineral secundario produto de alteración da zona de oxidación dos depósitos de zinc e cobre.[1] Minerais asociados son: rosasita, smithsonita, hemimorfita, hidrocincita, malaquita e azurita.[2]
Foi descrito por primeira vez en 1839 por Bottger, quen denominou ao mineral así polo seu alto contido de cinc e cobre, do grego όρειχαλκος (oricalco). O localización tipo áchase na mina Loktevskoye, no río Loktevka, Rudnyi Altai, Altaiskii Krai, Siberia Occidental, Rusia.[3]
Índice |
[editar] Depósitos
No Estado español aparece en forma follosa en Comillas (Cantabria), na Serra de Aralar e na hidrocincita de Urnieta (Guipúscoa), e en La Unión (Murcia). Nos Picos de Europa podémonos encontrar a variedade buratita.