Aurelio López Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aurelio López Fernández
Nacemento23 de decembro de 1932
Lugar de nacementoNogueiró
Falecemento8 de outubro de 2018
Lugar de falecementoOutomuro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónveterinario e político
editar datos en Wikidata ]

Aurelio López Fernández, nado en Nogueiró (O Mundil, Cartelle) o 23 de decembro de 1932, e finado en Outomuro o 8 de outubro de 2018, foi un veterinario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou o Bacharelato no actual IES Otero Pedrayo de Ourense e a licenciatura de Veterinaria na facultade de Veterinaria de León, pertencente na altura á Universidade de Oviedo que rematou en 1956. Posteriormente, na década dos 60 foi fundador da Cooperativa de Productores de Huevos, encadrada en UTECO, embrionaria da actual cooperativa agroalimentaria, COREN. Converteuse, deste xeito, en cooperativista a través da granxa de galiñas para pór ovos primeiro e de poñedoras, despois, construída no seu concello, preto do campo de fútbol do Outeiro do Cuco. Foi veterinario do estado e "O Vitirinario" rural por excelencia do Concello e boa parte da comarca de Celanova naquela Galicia onde a gandería de subsistencia tiña predicamento.

No plano político, foi alcalde de Cartelle pola UCD nas primeiras eleccións municipais de 1979 e por Coalición Galega en 1983 e 1987.

Persoa de fondas conviccións relixiosas, foi un fregués activo na súa parroquia do Mundil.

Como veciño, destacou seu compromiso ao longo da súa vida co Outomuro C.F.; a comisión de festas ou o complicado proceso de concentración parcelaria.

En definitiva, un veterinario, político e veciño que deixou pegada na sociedade e no tempo que lle tocou vivir.


Predecesor:
-
 
Alcalde de Cartelle
 
1979 - 1991
Sucesor:
Carmen Leyte Coello

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]