Aurelio Aguirre
| Aurelio Aguirre | |
|---|---|
| Sepultura de Aurelio Aguirre en Boisaca, Santiago de Compostela | |
| Nacemento: | 23 de abril de 1833 Santiago de Compostela |
| Falecemento: | 29 de xullo de 1858 Coruña |
| Lingua: | castelán |
| Xénero(s): | poesía |
Aurelio Aguirre Galarraga, nado en Santiago de Compostela o 23 de abril de 1833 e falecido na Coruña o 29 de xullo de 1858, foi un poeta galego en lingua castelá.
[editar] Traxectoria
Estudou dereito na Universidade de Santiago. Foi un home comprometido con Galiza e coas clases desfavorecidas. Participou como miliciano no levantamento de 1854 e no Banquete de Conxo, celebrado o 2 de marzo de 1856. Desde moi novo mantivo amizade con intelectuais de corte rexionalista, como Eduardo Pondal, Manuel Murguía ou Rosalía de Castro. Precisamente con esta mantivo unha forte relación amical e literaria. De feito, a ela lle dedicou o soneto Improvisación. Tiña gran estima entre os seus contemporáneos galegos.
Como lle acontecera a máis de un poeta romántico, Aurelio Aguirre morreu moi novo (aos 25 anos de idade) e de forma tráxica: suicidouse afogándose na praia de San Amaro da Coruña. Quedaba así truncada unha máis que prometedora voz poética.
[editar] Obra
El mesmo comezou a publicación da súa obra poética, que se editaría postumamente co título Ensayos poéticos (1856-1858), tamén escribiu un drama e a narración Risas y lágrimas. A súa obra foi escrita en castelán, agás un poema titulado "Un consello", publicado en 1966 por Xosé María Álvarez Blázquez. En 1901 fíxose unha recompilación de parte dos seus poemas co título Poesías selectas, cun prólogo de Leandro de Saralegui.