Aunu'u
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Aunu'u | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Aunu'u |
| País | Estados Unidos |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2000) | 476 hab. |
| Superficie | 1´52 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 14°17′S 170°33′W / 14.283°S 170.55°W |
| Maior Altura | 75 m. Pofala Hill |
| Localización | |
Aunu'u é unha pequena illa volcánica no sureste da Samoa Americana no Océano Pacífico. Ten unha superficie de 1´52 km² e unha poboación de 476 persoas. Politicamente é unha parte do Distrito Este, unha das divisións principais da Samoa Americana.
Faimulivai Marsh, é unha lagoa de auga doce no crater de Aunu'u e o humidal máis grande na Samoa Americana. É parte do protexido National Natural Landmark en Aunu'ou que foi designado en 1972.