Augusto Assía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Felipe Fernández Armesto, coñecido tamén como Augusto Assía, nado na Mezquita o 20 de abril de 1906 e finado en Xanceda o 2 de febreiro de 2002[1], foi un escritor e xornalista galego.

Índice

Traxectoria [editar]

Assía publicou artigos en El Pueblo Gallego

Licenciouse en Filosofía e Letras. Porén, dedicouse ao xornalismo. En Santiago de Compostela dirixiu a páxina universitaria do xornal El Pueblo Gallego. Mudou a súa residencia a París e máis tarde a Berlín, onde traballou como correspondente de La Vanguardia en 1929. En 1933, coa subida de Hitler ao poder, foi destinado a Londres, aínda como como correspondente de La Vanguardia, Regresou ao Estado Español ao dar comezo a guerra civil.

Assía asinou en xullo de 1967 en La Voz de Galicia un artigo no que reclamaba a equiparación de dereitos para a lingua galega no seu país[2].

"Non pode ser usado coma un ferro candente para marcar a servidume mentres que o outro -o castellano- coma unha plumaxe co que abonar falsas pretensións e superioridades [...] non só na igrexa, senón na Universidade, nos estratos e nas oficinas públicas o que non fai máis que vinte anos lle ocorría aos negros nos Estados Unidos, onde non se lles deixaba entrar máis que pola escaleira de servizo".

Manuel Fraga Iribarne impuxo unha multa de 50.000 pesetas ao director do xornal, Francisco Pillado Rivadulla, co gallo do citado artigo de Fernández Armesto.

En 1982, como columnista de La Voz de Galicia, acusou ao BNPG e mais a Comisións Labregas de colaboración con grupos terroristas, polo cal foi cursada unha demanda contra o xornalista por parte de ambas as dúas plataformas[3].

Obra [editar]

A sú primeira novela curta foi en galego e titulouse Xelo, o salvaxe (1925), que foi moi ben acollida pola crítica[4].

"Fernández Armesto é un verdadeiro escritor galego"
Rafael Dieste

Premios e distincións [editar]

Recibiu diversos premios e condecoracións de relevancia como:

Notas [editar]

  1. Morte de Augusto Assía obituario en Xornal de Galicia.
  2. A persecución do galego durante o frnaquismo, publicado en A Nosa Terra o 7 de maio de 1998.
  3. Querella contra Augusto Assía
  4. Finado en Mesía Augusto Assía En Culturagalega.org

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]