Augustin Bea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Augustin Bea
Cardeal da Igrexa católica
Biografía
Nacemento1881 en Riedböhringen, Alemaña
Pasamento1968 en Roma
Ordes
Ordenación sacerdotal25 de agosto de 1912, por Hermann Jürgens
Consagración episcopal19 de abril de 1962, por Xoán XXIII
Creado cardeal14 de decembro de 1959, por Xoán XXIII
Orde relixiosaCompañía de Xesús
Presidente do Consello Pontificio para Promover a Unidade dos Cristiáns
6 de xuño de 1960 - 16 de novembro de 1968
SucesorJohannes Willebrands
Outros

Escudo de Augustin Bea
In nomine domini Iesu
(No nome do señor Xesús)
Ficha en catholic-hierarchy.org

Augustin Bea, nado en Riedböhringen en 1881 e finado en Roma en 1968, foi un cardeal da Igrexa católica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na súa localidade natal ata 1893 no que se traslada a Sasbach, posteriormente pasa a Constanza e Rastatt. En 1900 pasou a estudar teoloxía na Universidade de Friburgo e entrou como novizo na Compañía de Xesús. En 1906 estudou filosofía nos Países Baixos, e en 1912 foi ordenado sacerdote na Compañía de Xesús. Nomeado superior da residencia xesuíta de Aquisgrán.

En 1917 foi nomeado profesor de esexese bíblica do Colexio Ignaciano de Valkenburg (Países Baixos) e en 1921 provincial da provincia xesuíta de Alemaña setentrional con sede en Múnic. En 1924 accedeu ao posto de director do Instituto de Altos Estudos Eclesiásticos da Compañía de Xesús en Roma e profesor de teoloxía bíblica na Universidade Gregoriana.

Entre 1930 e 1949 foi reitor do Instituto Pontifical Bíblico. En 1959 Xoán XXIII fíxoo cardeal e dende 1960 foi presidente do Secretariado para a Unión dos Cristiáns que posteriormente daría orixe ao Consello Pontificio para a Promoción da Unidade dos Cristiáns.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Herder, ed. (1919). Die neue lateinische Psalmenübersetzung. 
  • De Exodo es Aegypto. 1922. 
  • Pontificium Institutum Biblicum, ed. (1928). De libris Veteris Testamenti. De Pentateuco. 

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Foi nomeado doutor honoris causa en Teoloxía pola Universidade Católica de América en 1963.