Auguste Franchomme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Auguste Franchomme
Auguste Franchomme.png
Nome completo Auguste-Joseph Franchomme
Naceu 10 de abril de 1808
Orixe Lille, Flag of France.svg Francia
Morreu 21 de xaneiro de 1884 en París, Flag of France.svg Francia
Ocupación (s) Violonchelista
Instrumento(s) Violoncello

Auguste-Joseph Franchomme, nado o 10 de abril de 1808 en Lille (Francia) e finado o 21 de xaneiro de 1884), foi un violonchelista francés. Un contemporáneo caracterizou a súa execución do seguinte xeito: "Ton encantador, moita gracia e expresión no xeito de cantar e rara pureza na afinación - isto é o que distingue a este artista." Por outra banda, se lle reprochou o feito de non tocar con suficiente ardor, mais foi unánime o eloxio do seu canto expresivo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Franchomme naceu en Lille (Francia) e iniciou os seus estudos de violonchelo no conservatorio da súa cidade natal con M. Mas e Pierre Baumann, e continuounos no Conservatorio de París con Jean Henri Levasseur e posteriormente con Louis Pierre Norblin. En 1825, durante o primeiro ano de estudos en París, Franchomme xa gañara o primeiro premio.

Comezou a súa carreira tocando con varias orquestras e foi designado violonchelo solista da Sainte-Chapelle en 1828. Xunto co violinista Jean-Delphin Alard (mestre de Pablo Sarasate) e o pianista Charles Hallé (creador da Hallé Symphony Orchestra), foi fundador e membro do Alard Quartet, co cal realizou numerosos concertos e que foi unha excepción dentro dos grupos de cámara porque estaba formado por músicos profesionais. Franchomme tamén foi membro fundador da Société des Concerts du Conservatoire.

Combinou durante varios anos a actividade concertística, sobre todo en París coa participación en orquestras como a Ópera de París, o Teatro Italiano, la Sociedade de Concertos, a Capella Real de París, etc.

Franchomme entablou unha boa amizade con Felix Mendelssohn na súa última visita a París en 1831, e con Frédéric Chopin. En 1833, Chopin e Franchomme colaboraron na composición dun Grand Duo concertante para piano e violonchelo, baseado en temas da ópera de Giacomo Meyerbeer Robert le diable. Franchomme tamén reescribiu as partes de violonchelo da Introduction et Polonaise Brillante Op. 3 de Chopin, e foi dedicatoria da Sonata para violonchelo Op. 65 de Chopin (na copia do chelista conservada na Biblioteca Nacional de Francia, unha nota advirte que a parte do violonchelo foi escrita por Franchomme ditada polo propio Chopin). Franchomme foi así mesmo dedicatoria da sonata para violonchelo de Charles-Valentin Alkan.

Coa excepción dunha viaxe a Inglaterra en 1856, Franchomme case non abandonou París, onde se converteu na figura central da vida musical da cidade. En 1843 adquiriu o Duport Stradivarius do fillo de Jean-Louis Duport pola suma récord de 22000 francos franceses. Tamén adquiriu o De Munck Stradivarius de 1730.

En 1846 sucedeu a Norblin como primeiro profesor de violonchelo no Conservatorio de París. Jules Delsart, Víctor Mirecki, Louis Hegyesi e Ernest Gillet están entre os seus alumnos.

O 16 de febreiro de 1848, pouco antes da revolución, Franchomme e Delfino Alard participaron nun concerto con Chopin no Salón Pleyel. No programa presentouse a Sonata para violonchelo de Chopin e un trío de Mozart. Aquel sería o último concierto de Chopin.

Participou con frecuencia nos concertos cos músicos rusos que chegaban a París. O 14 de abril de 1840, nun concerto co violinista Nikolay Dmitriev-Svetchin, Franchomme interpretou o seu Tema e Variacións. No concerto co novo Antón Rubinstein o 23 de maio de 1841 na Sala Pleyel, tocou a súa Fantasía. Tamén participou en cuartetos de corda.

Polas súas contribución á música, foi nomeado cabaleiro da Légion d'honneur o 21 xaneiro de 1872[1]. Morreu en París o 21 de xaneiro de 1884.

Notas[editar | editar a fonte]