August Ferdinand Möbius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "August Möbius")
Möbius.

August Ferdinand Möbius, nado en Schulpforta (Saxonia) o 17 de novembro de 1790 e finado en Leipzig o 26 de setembro de 1868, foi un matemático e astrónomo teórico alemán, coñecido polo descubrimento xunto ao matemático alemán Johann Benedict Listing da banda de Möbius, superficie de dúas dimensións non orientábeis cun só lado cando está somerxido no espazo euclidiano tridimensional.

Möbius foi o primeiro en introducir as coordenadas homoxéneas en xeometría proxectiva. A transformación de Möbius, importante en xeometría proxectiva, non se ha confundir coa transformada de Möbius, usada na teoría de números, que tamén leva o seu nome. Interesouse tamén pola teoría de números, a importante función aritmética de Möbius μ(n) e a fórmula de inversión de Möbius, nomeadas así por el. Era descendente de Martiño Lutero.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Biografía, por J. J. O'Connor e E. F. Robertson

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: August Ferdinand Möbius