Atraso mental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O atraso mental, debilidade mental ou oligofrenia, consiste nun nivel xeral de desenvolvemento intelectual notabelmente inferior ao promedio da poboación, o que implica deficiencias na conduta adaptativa. Trátase dun trastorno permanente que altera a personalidade globalmente desde moi corta idade.

Tipos de retraso mental[editar | editar a fonte]

Establécense en función do grao de adaptación e rendimento afectivo, social e laboral.

Retraso mental profundo[editar | editar a fonte]

Incapacidade para a aprendizaxe, ausencia de xuízo e razoamento, falta de recoñecemento dos obxectos e da maior parte das persoas. O individuo non ten consciencia da súa existencia, das peroas que o arrodean nen das súas necesidades.

Afecivamente só mostra risos e prantos motivados; non sorrí nen dá mostras de cariño. Sobresáltase polos estímulos externos. Vive completamente isolado e rexeita os cambios.

Carece de capacidade lingüística ou está moi reducida. Non anda ou faino con dificultade. Hai que lle dar de comer. ten unha vida puramente vexetativa e con actividades monótonas: unha vida oroalimentaria.

Estes casos costuman ir acompañados de malformacións.

Retraso mental menos profundo[editar | editar a fonte]

Ten unha capacidade limitada para a aprendizaxe. O pensamento é restrinxido. É lento á hora de dar respostas específicas e coñecer as persoas e cousas que o arrodea. Ten dificuldades para se orientar no espazo e no tempo.

É algo máis consciente da súa existencia. Mostra unha afectividade superficial. É egocéntrico e cambiente nos afectos; móstrase eufórico ocasionalmente.

Os movementos son lentos e pouco coordenados. O vocabulario é reducido e rudimentario.

Retraso mental leve[editar | editar a fonte]

Ten capacidade para a aprendizaxe, mais é lento para coñecer as cousas e distinguir as persoas. Ten un xuízo pobre e dificultades de lectoescritura e cálculo. Fállanlle a memoria, a atención e a compresión. Apenas utiliza os conceptos aprendidos e carece de creatividade para progresar a partir do xa aprendido.

É consciente do seu retraso e ten conciencia da súa persoa e das persoas máis próximas. Mostra unha afecividade superficial e "pegañenta", con tendencia ao egocentrismo. Interésase polas cousas que pode conseguir de forma inmediata. Pode realizar traballos simples.