Atol Wotho
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Wotho | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Illas Marshall - Marshall Islands |
| Illa principal | Wotho |
| Linguas | |
| Poboación (1999) | 145 hab. |
| Superficie | 4´33 km² |
| Superficie lagoa | 94´92 km² |
| Nº de illas | 18 |
| Coordenadas | 10°06′00″N 165°58′00″E / 10.1°N 165.9666667°E |
| Maior Altura | 10 m. |
| Localización | |
Wotho é un atol das Illas Marshall. Forma parte do grupo occidental de atois da cadea de Ralik, no Océano Pacífico. Residen nel 145 persoas. O atol componse de 18 illotes cun área total de 4,33 km e unha lagoa interior de 94,92 km². Segundo distintas fontes o nome significa "entrada a través do arrecife" ou "illa afastada".