Atol Vanavana
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Vanavana | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitado |
| Superficie | 2 km² |
| Superficie lagoa | 3 km² |
| Nº de illas | 5 |
| Coordenadas | 20°47′S 139°9′W / 20.783°S 139.150°WCoordenadas: 20°47′S 139°9′W / 20.783°S 139.150°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Vanavana é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa, incluído na comuna de Tureia. Está situado ao sueste do arquipélago, a 55 km ao leste de Tureia e 110 km ao norte de Mururoa.
Xeografía[editar]
É un atol pequeno de forma ovalada con 5 km de longo e 3,2 km de ancho. A superficie terrestre é de 2 km² e a lagoa é de 3 km². Ten dúas canles abertas á lagoa (hoas), unha no leste e o outra ao oeste.
Só é visitado ocasionalmente desde os atois veciños para colleitar copra. Non dispón de infraestruturas.
Historia[editar]
Foi descuberto polo inglés Frederick Beechey en 1826, que o chamou Barrow.