Atol Vairaatea
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Vairaatea | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | Puka Runga |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 66 hab. |
| Superficie | 3 km² |
| Superficie lagoa | 13 km² |
| Nº de illas | 2 |
| Coordenadas | 19°21′S 139°13′W / 19.35°S 139.217°WCoordenadas: 19°21′S 139°13′W / 19.35°S 139.217°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Vairaatea (antes San Miguel Arcanxo, Lord Egmont e Industriel) é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Nukutavake. Está situado a 180 km ao sueste de Hao.
Xeografía [editar]
O atol está formado por dous illotes, cun único paso navegable á lagoa interior. A superficie total é de 3 km². A vila principal é Ahurua, e a poboación total era de 70 habitantes no censo de 1996.
Historia [editar]
Foi descuberto por Pedro Fernández de Quirós en 1606, que o chamou San Miguel Arcanxo. Outros nomes históricos son: Lord Egmont e Industriel.