Atol Vahitahi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vahitahi
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2007) 83 hab.
Superficie 2´5 km²
Superficie lagoa 7´4 km²
Nº de illas
Coordenadas 18°47′S 138°50′O / -18.783, -138.833Coordenadas: 18°47′S 138°50′O / -18.783, -138.833
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Vahitahi (antes Les Quatre Facardins e Lagoon) é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Nukutavake. Está situado a 50 km ao norte de Nukutavake.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie total de 2,5 km², sen ningún paso navegable cara á lagoa interior. A vila principal é Mohitu (antes chamada Temanufaara). A poboación total era de 68 habitantes no censo de 1996. Dispón dun aeródromo.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi a primeira illa que atopou no Pacífico o francés Bougainville en 1768, na súa viaxe de circunnavegación. Recordoulle o nome dunha famosa novela da época: Les Quatre Facardins. O ano seguinte tamén foi a primeira illa que atopou o inglés James Cook na súa primeira viaxe, ademais do primeiro atol, e así o chamou Lagoon Island.