Atol Toke
| Toke | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Illas Marshall - Marshall Islands |
| Illa principal | Toke |
| Linguas | |
| Poboación (2002) | Deshabitado |
| Superficie | 0´57 km² |
| Superficie lagoa | 93´14 km² |
| Nº de illas | 6 |
| Coordenadas | 11°17′N 169°37′E / 11.283°N 169.617°E |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Toke (tamén coñecido como Taka) é un pequeno atol deshabitado na rexión da cadea Ratik nas Illas Marshall. É un dos atois máis pequenos das Illas Marshall. Esta conformado por seis illas cunha superficie de terra firme de 0´57 km² e unha lagoa que posúe un área de 93´1 quilómetros cadrados.
Aínda que o Atol Toke estea totalmente deshabitado, con regularidade é visitado polos habitantes do próximo atol Utirik, situado a 9 quilómetros ao sur.
Índice |
Xeografía [editar]
O atol está a 160´93 km. ao norte do atol Majuro, a Capital das Illas Marshall, e a 10 km. ao suroeste de Utirik.
Características físicas [editar]
O atol é aproximadamente de forma triangular, a súa lonxitude e anchura de aproximadamente 9 km. O punto máis alto é de 15 pés. É o segundo máis pequeno das Illas Marshall, superando soamente ao atol Bikar. Entre os seus illotes, só Toke, Eluk e Lojrong son o suficientemente grandes como para ter vexetación permanente. Os outros illotes de area mostraron cambios considerables no tamaño e a localización a través dos anos. A auga subterránea do illote Toke é salobre, con niveis de cloruro de 440 a 840 ppm (fronte a 19.400 ppm para a auga de mar). Ten unha lagoa de pouca profundidade e un paso estreito a través do oeste do arrecife, Toke e o seu veciño Utirik son un tipo intermedio entre os atois de pouca profundidade, das lagoas de Bokak e Bikar, e as profundas lagoas e arrecifes de moitos dos atois centrais das Marshall.
Historia [editar]
Prehistoria [editar]
Aínda que os humanos emigraron ás Illas Marshall ao redor de fai 2000 anos, non parece que exista presenza humana permanente no atol. A falta de auga potable, e a pouca terra cultivable en comparación co cercano Utirik desalentou a ocupación. O atol foi tradicionalmente ocupado por breves períodos para a recolección de copra, peixes, tartarugas, cangrexos de coco, e outros recursos.
século XIX [editar]
Varios buques occidentais tocaron terra ou pasaron por Toke durante o 1800, pero non se obsevou ningún intento de colonización ou de establecemento de animais ou de cultivos, probablemente debido ao asentamento próximo de Utirik.
século 20 ao presente [editar]
As Illas Marshall engadíronse ao protectorado da Nova Guinea Alemá en 1906. Coa xustificación de que os atois deshabitados foron reclamados, os alemáns confiscaron Toke como propiedade do goberno, a pesar das protestas dos Iroji.
En 1914, o Imperio xapones ocupou as Illas Marshall, e transferiu as propiedades do goberno alemán ás súas, incluíndo Toke. Do mesmo xeito que os alemáns antes que eles, a administración colonial xaponesa non tratou de explotar o atol, e o norte das Illas Marshall continuaron como zonas para cazar e pescar sen ser molestado. Tras o final da Segunda Guerra Mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico, ata a independencia das Illas Marshall.
O atol Toke estaba dentro da zona de contaminación radioactiva da proba nuclear Castle Bravo .