Atol Tepoto Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tepoto Sur
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2009)
Superficie 0´6 km²
Superficie lagoa 2´5 km²
Nº de illas 1
Coordenadas 16°51′S 144°45′W / 16.850°S 144.750°W / -16.850; -144.750
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Tepoto é un dos tres atois das illas Raevski, no arquipélago das Tuamotu na Polinesia francesa. Chámase Tepoto Sur para distinguilo de Tepoto Norte situado nas illas da Decepción no mesmo arquipélago. Administrativamente depende de Katiu, comuna asociada á comuna de Makemo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

É un atol ovalado de 3 km de longo e 2,4 km de ancho, cunha superficie emerxida de 1,8 km², máis 2,7 km² de arrecifes e 1,6 km² da lagoa interior. Datos da Institut de recherche pour lle développement É o atol máis pequeno da Polinesia francesa. Está situado a 20 km ao suroeste de Hitier. A lagoa interior dispón dun paso navegable.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi descuberto, o 1768, por Louis Antoine de Bougainville. En 1820 Bellingshausen chamouno Raevsky, nome que se estendeu ao grupo de tres atois moi próximos. Maurac chamouno Eliza, e Wilkes, Tipotu ou Bacon Island.

Unha lenda conta que o ouro roubado nunha igrexa de Perú enterrouse neste atol.