Atol Temoe
| Temoe | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | Temoe |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitado |
| Superficie | 2´1 km² |
| Superficie lagoa | 12 km² |
| Nº de illas | 27 |
| Coordenadas | 23°20′S 134°28′W / 23.333°S 134.467°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Temoe ás veces chamada Timo é un atol que depende administrativamente das Illas Gambier na Polinesia francesa.
Xeografía [editar]
Temoe atópase a 50 km ao sueste de Mangareva. De forma trapezoidal, ten 8 km de longo e 4 km de ancho cun área de 2,1 km² e unha lagoa de 12 km². As súas illas son baixas e planas, e a lagoa non ten ningún paso navegable para entrar nela. A 25 km ao oeste está un dos principais Arrecifes, o arrecife de Portland de 25 km. de longo, e situado a 10 m de profundidade.
A illa, adscrita administrativamente ás Illas Gambier, está deshabitada de forma permanente.
Historia [editar]
A primeira mención dalgúns dos atois foi feita polo navegante británico James Wilson en 1797, quen a bautizou como Crescent Island.
Está deshabitado desde 1838, cando os misioneiros trasladaron aos seus habitantes a Mangareva para súa evanxelización.