Atol Tematangi
| Tematangi | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2002) | 53 hab. |
| Superficie | 7´7 km² |
| Superficie lagoa | 61 km² |
| Nº de illas | >50 |
| Coordenadas | 21°40′S 140°37′W / 21.667°S 140.617°WCoordenadas: 21°40′S 140°37′W / 21.667°S 140.617°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Tematangi é un atol das Tuamotu, na Polinesia francesa, incluído na comuna de Tureia. Está situado no sueste do arquipélago, a 160 km ao oeste de Mururoa.
Xeografía [editar]
Tematangi é un atol triangular de 11,5 km de longo e 7 km de ancho máximo, cunha superficie de 7,7 km² e cunha lagoa relativamente profunda de 61 km². Atópase a 121 km ao oeste do atol de Mururoa, o máis próximo, e pertence á comuna de Tureia.
En 2002, o atol estaba habitado por unhas cincuenta persoas, na súa maioría no pobo de Tuihana.
Historia [editar]
Foi descuberto polo inglés William Bligh en 1792, na súa segunda viaxe logo de sufrir o amotinamento do Bounty, e chamouno Lagoon Island. Tamén foi chamado Bligh's Lagoon para diferencialo de Cook's Lagoon (Vahitahi).
Tematangi está xusto nas antípodas da Meca. Isto significa que a dirección correcta da oración musulmá (qibla) varía enormemente entre Tematangi e as súas illas veciñas.